Abre o corazón

Outra pequena, que procurou a axuda da profe para acabar de escribir o seu verso deixou esta fermosura:

Era unha felicidade ver agromar as metáforas entre æs pequenæs.

Naturalmente pedinlles a folla en que máis que escribir, deseñaban o seu verso.

Cando ma deu quixen saber o seu nome e ao dicirmo pregunteille a ela e máis á profe como o escribía, e a nena respondeu con convencemento:

-con “H”, Helena con “H”.

Seis anos e un corazón enorme.