O idioma é maxia

A parte final e central do obradoiro era a creación dun poema colectivo.

Foron tres obradoiros, un con Primeiro ciclo, outro con Segundo e outro con Terceiro, así que escribimos tres poemas. Para facelo seguimos como modelo o poema A fala. Cada neno e cada nena escribían un verso, xuntabamos varios e con eles escribiamos o poema, despois de elixir e ordenar os versos que o compoñerían.

O primeiro obradoiro foi o de Primeiro ciclo, pode que foran uns sesenta nenos e nenas.

Velaquí unha das primeiras contribucións: “O idioma é maxia”

 

O alumnado de Primeiro ciclo usaba a palabra lingua, pois “idioma” aínda non era unha palabra habitual para eles. Porén, Sergio, de 1º curso, con 6 anos e comezando escribir fixo unha orixinal e fermosa achega mesmo coa palabra idioma.