O poema de 3º ciclo

E este é o poema do alumnado de 3º ciclo de EP CEP Neira Vilas

 

O idioma é a paz,

o agarimo, o sorriso,

a chave da vida.

 

O idioma é un conto sen fin,

esperanza, amizade,

poesía.

 

O idioma é unha aventura,

unha cor, liberdade.

O idioma é a forza,

un xogo,

felicidade.

 

O idioma é sentir o que falas.

O idioma é pintar a  vida.

O idioma é  chuvia de palabras

que  nos inunda cada día.

 

Este poema de 3º ciclo foi o máis traballado despois de escribir cada un o seu verso. Lémolo, eliminamos os versos que non nos parecían acaídos, retocamos outros, buscando o paralelismo fundamentalmente, e xa na última lectura decidimos que cumpría romper ese paralelismo eliminando o fragmento repetido en varios casos.

Eran as dúas da tarde, as rapazas e os rapaces estaban xa algo cansos (este obradoiro foi o que máis durou, porque unha cousa leva á outra e unha pode atoparse coa sorpresa de que ao preguntarlle se lles contan historias na casa un bote directamente un conto da Santa Compaña que lle relatara o seu avó e, claro, non vas deixar pasar a ocasión…), mais decidiron que era o que máis lles gustaba e aínda escoitaron a García interpretando a Celso Emilio: “lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa por que si, …”

2 reflexións sobre “O poema de 3º ciclo

  1. Parabéns por esta actividade! É un luxo contar cunha poeta tan boa como Marta Dacosta tan preto de nós en Peitieiros. E tamén é un luxo ter tantas nenas e nenos no cole con sensibilidade pola poesía e amor pola lingua.

Os comentarios están pechados.