O poema de 2º ciclo

Velaquí o poema do alumnado de 2º ciclo de EP CEP Neira Vilas

 

O idioma é a nosa literatura,

o idioma é a nosa historia,

o idioma é o noso futuro,

o idioma é a nosa esperanza,

porque o idioma é o noso mundo,

a nosa compañía.

 

O idioma é saúde,

o idioma é amizade,

o idioma é música,

o idioma é expresión,

o idioma é diversión.

 

O idioma …

O idioma é poesía,

o idioma é ser feliz.

 

Escribiron, leron, elixiron e ordenaron os versos. Entón ao ler o poema en voz alta apareceron ruídos que fomos eliminando, aos poucos, insistindo no paralelismo e rompendo o ritmo cando o poema o precisaba.