Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo

O vindeiro sábado 4 de outubro comezará (se hai matrícula suficiente) o curso de creación literario Victoriano Taibo que desde o IEM me convidan a coordinar. Este curso ten como subtítulo “Desenvolvendo o nobelo”, un subtítulo que fai referencia a esta entreda publicada no meu blog:

Escribir é…

atopar a punta do fío axeitado e tirar del até desfacer o nobelo.
Despregar diante de nós esa sucesión de palabras que constrúe o edificio do texto e abriga as ideas.

As persoas que queiran inscribirse poden facelo a través do correo oficina @minhor.org ou de luns a venres de 18 a 22 horas no teléfono 986360575.

Aquí pode lerse o programa completo:

http://www.minhor.org/inicio/39-novas/1075-abrimos-inscricions-para-un-curso-de-creacion-literaria-a-cargo-da-escritora-marta-dacosta-no-iem