Que foi antes a escrita ou a lectura:

Hoxe desenvolveuse a primeira sesión do II Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo. O título da sesión era: “Que foi antes a escrita ou a lectura” e estaba precedido da seguinte cita:

“Tes que facer a montaña cos libros lidos e descubrir cal é o punto máis alto. Le, le febrilmente, e aplícate tamén a escribir. Rompe tantos papeis como precises até acháreste diante do libro que che gustaría ler.” Resposta a X.P., un mozo que quería ser escritor, Marica Campo.

Nesa mesma carta de Marica Campo ao mozo que quere ser escritor, lemos:

“Tampouco esquezo que, o día en que veu Manuel María ao Colexio, lle preguntaches que tiñas que facer para escribir ben… Non che deu pautas para a técnica, senón para o entusiasmo.”

Tamén lemos a Xabier DoCampo, unha anotación sobre a lectura no seu blog persoal, en que di: “…a lectura fai iso: axudarnos a analizar os nosos sentimentos e, o que é máis transcental, apréndenos a lles poñer nome, o nome que os identifica como propios.”

Limos a Rilke,

Rilke

a Alberte Momán … e rematamos lendo o fermoso poema de Olga Novo que sempre me acompaña nos obradoiros: “29 de xaneiro do 2002. Querida mamá: estou aprendendo a ladrar.” publicado no seu libro A cousa vermella.

E marchamos para escribir unha carta porque como di Roger Wolfe: “o escritor que non escribe cartas non é un verdadeiro escritor”

Wolfe

 

2 reflexións sobre “Que foi antes a escrita ou a lectura:

  1. Grazas,

    É o primeiro obradoiro ao que asisto e sentín que estaba no lugar adecuado. Gustáronme as lecturas propostas porque me falaron a min e contestei afirmativamente á pregunta. Eu debo.
    Agora estou a voltas cos meus libros favoritos, darei coa escolla?

Os comentarios están pechados.