Coa axuda das imaxes:

O obradoiro de hoxe iniciouse coa lectura das cartas que as alumnas e os alumnos escribiron, seguindo o consello de Roger Wolf.

Nesas cartas as lecturas máis citadas foron as de García Márquez e as irmás Bronte. Tamén Enyd Blyton, a autora dos libros que debían ser máis asequíbeis para a nosa xeración.

Outra das cuestións que chamou a miña atención foi que se indicaran varias lecturas que
se iniciaron como obriga, mais que logo resultaron ser do seu agrado. Entre elas a de Arredor de si de Otero Pedraio.

Tamén houbo referencias aos libros vivos, é dicir, os avós, as avoas, de quen tanto se aprende.300px-Schadow_Grabmal_Alexander_2

A seguir demos paso á sesión prevista para hoxe, que tiña como cita introdutoria estas palabras de Taibo escritas a Manuel Antonio:

” fago versos sin cultura nin preparación. De onde tira-lo celme que choia a eficacia que vostede deseja? Avella escura do cortizo da Terra, -só da Terra!- non teño máis celme que o que deito nos meus versos…”, Victoriano Taibo, en Manoel-Antonio, Correspondencia.

Logo detivémonos no poema “Lembranza da tecedeira”, para falar da utilización de mitos e tópicos no tratamento dun tema literario. E até aí chegamos, falando de parcas, moiras e nornas, de aracné e do libro Mitos e lendas da vella Grecia de Anisia Miranda.vf1anisiamiranda