O idioma é



Traballamos co poema a Fala, nunha sesión en que a lingua era a protagonista. E este foi o resultado de xuntar todos os versos:777-21505-a-manuel maria

O idioma é

a voz do berro e do silencio

a voz das bágoas e a do amor

o idioma son eu

somos nós.

A lingua é a vida

a vida é a lingua

eu son a miña lingua

a miña lingua son eu

O idioma é o centro

dun mundo de reflexión

oonde todos achegamos

un anaco do noso interior

o idioma é o corazón da terra

a voz da xente

e o pensamento da historia

O idioma é o ronsel do tempo

agarimo da nena

terra e mar que bailan

O dioma é a chuvia

que me desfai

na terra húmida

O idioma é a mediciña

que cura o mal de amores

co que fala o corazón

e que traduce a pluma

O idioma é a luz

coa que iluminamos o mundo

o vehículo da fala

a autoestrada da comunicación

O idioma é uh vehículo

un medio de conexión

achega culturas

escribe momentos

constrúe pontes

une xeracións

o dioma é un regalo

o mellor xoguete do neno

envolto con contos e adiviñas

disfrutarao máis ca un caramelo

O idioma é amor

entrégase aos fillos

detodo corazón

con aloumiños e mimos

O dioma é a ferramenta

coa que construímos a realidade

tamén narramos os soños

e dicimos o que non é verdade

O idioma é o vento

co que deixamos o mar

o idioma é o lume

co que nos sentimos ben