Como encontrar o seu estilo, por Francisco Castro

Velaqui unha ferramenta moi útil, o libro de Francisco Castro:

Como encontrar seu estilo de escrever

1251-20150805112525

Francisco Castro

O escritor Francisco Castro, que actualmente traballa na Editorial Galaxia, ten tamén unha dilatada traxectoria como relator de obradoiros literarios que, dou fe, enganchan aos asistentes. Froito dese traballo son varios títulos, o último deles este libro publicado en Brasil.

Castro é fundamentalmente narrador, aínda que sabemos que escribe poesía, pois escoitamos os seus versos nalgún encontro poético. Cómpre citar, entre a súa numerosa obra: Spam, Premio Blanco Amor de novela longa en 2006, As palabras da néboa, Premio de Novela Manuel García Barros en 2007, Chamádeme Simbad, incluído na Lista de Honra de IBBY en 2012, O corazón da Branca de neve, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia en 2013 e a máis recente: Tes ata as 10.

 

E Brais escribiu un poema

O obradoiro de 3º ciclo foi o que máis durou, como xa comentei.

Algúns rapaces estaban calados escribindo no seu caderno. Algún debuxaba e cando anunciaba que iamos rematar díxome que antes diso tiña que ler o seu poema o compañeiro que tiña ao lado. Mais non dabamos rematado o poema colectivo e non foi posíbel.

Ao rematar pedinlle que lle dixese ao compañeiro que trouxera o poema. Entón veu onda min Brais e deume esta folla do seu caderno.

Mentres entre tod@s escribiamos el facía o seu propio poema… Unha agradábel sorpresa. Aquí tedes o poema escrito da súa propia man coa única axuda do que escoitaba ao redor de si neste obradoiro de poesía:

Ola mundo!

Ola!

Hoxe comeza andar este caderno.

Para que?

Pois para que as palabras sexan visíbeis, as palabras das nenas e dos nenos que escoitan o que esta profesora lles conta da poesía, que len o poema que ela lles propón, que atenden ás imaxes, que cantan, que imaxinan, que pensan, que escriben o seu propio poema inspirados nas palabras doutræ poeta.

Eu son Marta Dacosta, tan só unha lectora que desexa ver como as e os máis novos respiran poesía.

Comezamos…