Manuel María, As rúas do vento ceibe

A fala, é un dos poemas do libro As rúas do vento ceibe, publicado por Manuel María en 1979. Segundo Manuel Veiga, este libro é a versión urbana do anterior Os soños na gaiola, un libro que o propio Manuel María definiu como: “os versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno”.

Ambos os dous libros foron ferramenta imprescindíbel de moitos mestres e mestras para promover a normalizaicón e a aprendizaxe da nosa lingua. Foron libros de enorme acollida e disto dá mostra o feito de que Os soños na gaiola, por exemplo, no mesmo ano de 1972 publicouse até tres veces, tendo a segunda edición 3000 exemplares. Non só foron libros vendidos e lidos, algúns dos seus poemas convertéronse en cancións co que se multiplicou a proxección das palabras do poeta.

E un deses poemas musicados é A fala.

Preparando o obradoiro

Entón comecei pensar no obradoiro para as nenas e os nenos do Neira Vilas.

Preparei unha presentación titulada: “somos poetas” en que partía de dúas preguntas:

– que é para vós a poesía?

– que vos gusta máis, a poesía ou a música?

A continuación daba inicio ao trailer de Pradolongo, para que escoitasen o poema de de Cunqueiro: “No niño novo do vento”.

E pasabamos xa ao texto principal: “A fala” de Manuel María.

Obradoiro no CEP Neira Vilas

Hai varias semanas propuxéronme realizar un obradoiro de poesía co alumnado do CEP Neira Vilas.

O CEP Neira Vilas é o colexio de Peitieiros, en Gondomar. A este cole acoden as nenas e os nenos de Chaín, Morgadáns, Couso e Peitieiros. Catro parroquias de Gondomar.

Clicando aquí chegades á páxina do cole. E esta é a entrada:

Ola mundo!

Ola!

Hoxe comeza andar este caderno.

Para que?

Pois para que as palabras sexan visíbeis, as palabras das nenas e dos nenos que escoitan o que esta profesora lles conta da poesía, que len o poema que ela lles propón, que atenden ás imaxes, que cantan, que imaxinan, que pensan, que escriben o seu propio poema inspirados nas palabras doutræ poeta.

Eu son Marta Dacosta, tan só unha lectora que desexa ver como as e os máis novos respiran poesía.

Comezamos…